Monday 29 de April de 2024

Unha trintena de persoas participou na V Andaina de Maiores, cun percorrido polo municipio de O Grove


 

Unha trintena de persoas participaron na V Andaina de Maiores, que se desenvolveu no municipio de O Grove. Unha proposta coa que o Concello de Boqueixón pecha as actividades dos diferentes grupos de Ximnasia de Mantemento que se ofrecen nos diferentes centros socioculturais e no ximnasio municipal.

A viaxe comprendeu unha andaina de sete quilómetros entre Punta Moreiras e Porto Meloxo. No primeiro punto, as persoas participantes puideron descubrir o conxunto escultórico onde figuras dos canteiros da Deputación de Pontevedra se adaptan á paisaxe perfectamente. A ruta ofreceu tamén a oportunidade de contemplar as fermosas paisaxes a pé de mar.

“Esta V Andaina de Maiores consolídase xa como unha actividade moi demandada dentro da programación do Departamento de Deportes e asentada na oferta de actividades dirixida a que os maiores de Boqueixón teñan alternativas para unha vida activa e saudable”, conclúen dende a organización desta actividade.